Apoio tutorial extraordinario

O apoio titorial extraordinario, xorde na USC, co fin de facillitar ao alumno a posibilidade de adquirir os coñecementos necesarios para poder superar  determinadas materias coas que tivera problemas. Todo iso, sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos:

REQUISITOS

§          Ter superado o 80% dos créditos troncais e obrigatorios para titularse (planos renovados) ou polo menos 20 materias obrigatorias (planos sen renovar).

 §          Que as materias pendentes non superen os créditos, debendo ter esgotadas polo menos dúas convocatorias en cada unha delas. No caso de planos de estudios non estruturados en créditos, o número máximo de materias pendentes será de tres. 

§          Cando o estudante teña só unha materia pendente poderá solicitar apoio titorial extraordinario, aínda que non teña esgotada ningunha convocatoria, tanto no caso de planos renovados como non.  

§          O número máximo de materias para as que se poderá solicitar apoio titorial extraordinario na Titulación será de tres, (planos vellos), e un máximo de 18 créditos, (planos renovados).

PROCEDEMENTO

I. O director nomea ao titor previa:

  •     Petición do alumno.
  •     Consulta cos profesores da área.

II. A Dirección nomea Titor mantendo o seguinte criterio:

  • Preferencia para o profesor que imparte a materia.
  • Outro profesor se no prazo de dez días, contados a partir da notificación que se fai ao alumno, este solicita profesor distinto.
  • O alumno deberá realizar a solicitude de forma expresa e motivada. Nesta solicitude o alumno deberá indicar as razóns que lle levan a optar por outro profesor distinto ao que imparte a materia que non logrou superar.

OBRIGA DO PROFESOR TITOR

1. Comunicar ao alumno o plan de traballo que deberá seguir, o contido do cal é o seguinte:

  • Obxectivos parciais que debe conseguir o alumno e tempo para conseguilo.
  • Sistema de avaliación destes obxectivos, e da materia no seu conxunto.
  • Calendario de reunións co alumno para a resolución de problemas.
  • Procedemento de control de todo o proceso, que permita ao alumno exercer, no marco das particularidades desta modalidade de apoio, a revisión da cualificación.

2. - Entregar unha copia do plan de traballo á Escola, co fin de que sexa remitida ao Vicerrectorado de Organización Académica e Profesorado.

3. - Utilizar a convocatoria de febreiro (materias do primeiro cuatrimestre) e setembro (materias anuais e do segundo cuatrimestre).

PRAZOS DE MATRÍCULA

 

Primeiro Período: Del 1 ao 17 de Outubro de 2008.

Segundo Período: Del 16 ao 31 de Marzo de 2009.

 

IMPRESOS

 

 

Os impresos de solicitude poderán recollerse nas UXA ou nos Centros. Deberán entregarse nos departamentos ou nas UXAS.

 

Prema aquí para descargar solicitude.

 

CUMPRIMENTAR O IMPRESO:

 

DEBERÁN INDICARSE TODOS OS DATOS PERSOAIS, ESPECIALMENTE a SÚA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO.

NO CASO DE presentarse AS CONVOCATORIAS DE FEBREIRO OU FIN DE CARREIRA DALGUNHA MATERIA DAS QUE SE SOLICITA O APOIO DEBERÁ SIÑALARLO NO IMPRESO DE SOLICITUDE.

 

Matrícula 2010-2011 /></a>
	<a href=IV Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos RESOLUCIÓN A E.U. de Relacións Laborais de Lugo únese o proxecto World Community Grid.