Noticias

V MÁSTER PAULO FABIO EN DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS

DATAS DE REALIZACIÓN: Do 15 de Xaneiro ao 3 de Decembro de 2010

HORARIO: De 16:00 a 21:00 horas (Venres).

LUGAR: E. U. de Relacións Laborais Lugo.

O Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos foi deseñado para facultar no desempeño da Dirección de Recursos Humanos dunha organización, ou de postos de responsabilidade específica dentro da área, así como para integrarse en consultoras de recursos humanos ou completar o perfil necesario para asumir a dirección de empresas e organizacións.

 
Destacar o cadro docente integrado por responsables de recursos humanos das principais empresas galegas e nacionais e especialistas da Universidade española.
 
O curso consta das seguintes partes:
  •  175 horas de formación presencial, das cales un terzo correspondente a casos prácticos y talleres.
  •  75 horas de formación non presencial para a preparación de casos prácticos.
  • 375 horas de formación non presencial en Internet. Desenvolveranse actividades formativas tutorizadas a través de Internet: Foros de debate, vídeos, chat e casos prácticos, que permitan interiorizar o coñecemento explícito adquirido e compartir o coñecemento tácito, tanto de alumnos coma de profesores. 
  • 75 horas de realización e presentación do proxecto fin de curso. 
  • Posibilidade adicional de prácticas en empresa.
O total de horas do curso é de 700, que se impartirán ao longo dun ano natural.
Ten carácter semipresencial, cunha parte a distancia en torno ao 70% e unha parte presencial en torno ao 30%.
 
Para máis información pique aquí.
 

Foto peche máster

Matrícula 2010-2011 /></a>
	<a href=IV Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos RESOLUCIÓN A E.U. de Relacións Laborais de Lugo únese o proxecto World Community Grid.