Os alumnos da E.U. Relacións Laborais de Lugo visitaron, o Martes día 28 de Abril de 2009, a Excma. Deputación Provincial de Lugo.
A visita consistiu na asistencia ao Pleno mensual e nunha charla sobre a historia da Deputación de Lugo, o seu funcionamento, organización e competencias.
A devandita actividade enmárcase no estudo que os alumnos realizan da Administración Local na materia de "Dereito Administrativo".