G3111201 - Economía

Obxectivos da materia
Esta materia ten como obxectivo introducir ao estudantado no marco conceptual e analítico básico da análise económica, tanto na súa vertente micro como macroeconómica, presentando os instrumentos fundamentais da análise económica e os conceptos básicos da economía. Tamén se pretende fomentar no estudantado unha certa capacidade de análise e razoamento para comezar a comprender e interpretar a realidade económica, valéndose dos modelos e conceptos básicos.

Contidos
Primeira parte. Introdución

Tema 1.- Conceptos básicos
Tema 2.- Panorama do pensamento e da análise económica


Segunda parte. Microeconomía

Tema 3.- Teoría elemental da demanda e da oferta
Tema 4.- O mercado
Tema 5.- Aplicacións da teoría elemental da demanda e da oferta
Tema 6.- Teoría intermedia da demanda. A utilidade
Tema 7.- Teoría intermedia da oferta. A produción
Tema 8.- Teoría intermedia da oferta. Os custos e a maximización dos beneficios
Tema 9.- O mercado de competencia perfecta
Tema 10.- O mercado de monopolio
Tema 11- O oligopolio e a competencia monopolística


Terceira parte : Macroeconomía

Tema 12.- A macroeconomía: unha visión panorámica
Tema 13.- O equilibrio no mercado de bens: o modelo keynesiano
Tema 14.- O diñeiro e o sistema financeiro
Tema 15.- O banco central e a política monetaria
Tema 16.- A macroeconomía dunha economía aberta
Tema 17.- O mercado de traballo. O dilema entre inflación e paro
Tema 18.- A inflación. Causas e efectos.
Tema 19.- As flutuacións cíclicas
Tema 20.- O crecemento económico e o desenvolvemento

Bibliografía básica e complementaria
Mochón, Francisco (2009): Economía. Teoría y política. Ed. McGraw Hill, 6ªed.

Begg, D., Fischer, S., Dornbusch, R. y Fernández, A. (2006), Economía, 8a edición, McGraw-Hill.
Berbanke, Ben y Frank, Robert (2007), Principios de Economía, 3ª Edición, Mc Graw Hill
Blanco, J. M. (2008). Economía. Teoría y Práctica. 5a edición, McGraw-Hill.
Castejón Montijano, Rafael e outros (2002): Economía.Teoría y Política. Libro de prácticas. Ed. McGraw Hill, 1ª ed
Lipsey, Richard G. e Chrystal K. (1.999): Economía positiva. Ed. Vicens Vives, 13ª ed
Mankiw, N. G. (2007), Principios de Economía. 4 a edición, Thomson.
Rebeca de Juan, Libro de ejercicios. Economía, Teoría y Política 1ª Ed.
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2006), Economía. 18a edición, McGraw-Hill
Sloman, John y Sutcliffe, Mark (1998) Introducción a la Microeconomía. 3ª edición. Prentice Hall.
Sloman, John y Sutcliffe, Mark (1997) Introducción a la Macroeconomía. 3ª edición. Prentice Hall.

Competencias
Xerais:
-Aprender autonomamente.
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información.
-Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
-Expor adecuadamente, de forma oral e/ou escrita un asunto ou tema de carácter
xeral ou relacionado coa súa especialidade.
-Traballar individualmente ou en equipo.

Específicas:
- Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva
histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización
do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
- Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios
para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias
territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
-Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais
e socioeconómicos.

Metodoloxía da ensinanza
As características da titulación aconsellan non profundizar nos aspectos máis técnicos da teoría económica e das disciplinas auxiliares como as matemáticas, procurando unha formación máis interdisciplinar orientada a facilitar ao/á alumno/a unha comprensión da realidade económica na que previsiblemente se desenvolverá profesionalmente no futuro.
A metodoloxía docente incluirá:
-Docencia expositiva, onde se presentarán polo profesor os coñecementos que os/as alumnos/as deben adquirir, e
-Docencia interactiva, onde se intentará que os/as alumnos/as conecten os conceptos básicos previamente explicados nas clases coa realidade económica e social, para o que utilizarán as noticias aparecidas nos distintos medios de comunicación, traballarán nas Aulas de informática coas principais bases de datos económicos, e farán exposicións sobre temas relacionados cos contidos da materia.

Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa.
A avaliación final repartirase entre unha porcentaxe para a avaliación continua e outra, que en ningún caso será inferior ao 50%, para o exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Dado que se trata dunha materia de 9 créditos o esforzo do/a alumno/a para superar con éxito a materia debería alcanzar as 225 horas de traballo, das que 45 corresponderían ás clases de docencia expositiva e 27 ás clases de docencia interactiva, repartindo o/a alumno/a as 153 horas restantes entre a asistencia a titorías, realización dos traballos e exercicios, preparación dos exames e realización dos mesmos.

Recomendacións para o estudo da materia
Esta é unha materia introdutoria na que se pon aos estudantes en contacto cun gran número de conceptos fundamentais da economía e na que se lle proporcionan as ferramentas básicas da análise económica. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia é esencial que os estudantes adquiran un ritmo de traballo constante e que combinen o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos.

O nivel de formalización matemática do curso é mínimo co propósito de que o alumnado se concentre na comprensión dos conceptos e de que se exercite na práctica da análise económica a través do emprego de modelos sinxelos. A pesar da simplicidade das técnicas a materia pode supoñer para algúns estudantes un nivel de dificultade maior do esperado. Por conseguinte, é sumamente importante que os estudantes se exerciten no manexo dos conceptos e dos modelos a través de exercicios prácticos. Así mesmo, será de grande utilidade para os estudantes que se aseguren de que adquiren un dominio suficiente das matemáticas elementais e das técnicas de análise gráfica que se empregan durante o curso.

 

Matrícula 2010-2011 /></a>
	<a href=IV Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos RESOLUCIÓN A E.U. de Relacións Laborais de Lugo únese o proxecto World Community Grid.