Presentación e Benvida

Benvidos á páxina web da E.U. de Relacións Laborais de Lugo, Centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, pertencente á Fundación Campus Universitario de Lugo.

     

    Nesta páxina web encontrarás toda a información necesaria, tanto da propia Escola, coma dos diferentes estudos e demais actividades organizadas polo Centro.

     A Escola Universitaria de Relacións Laborais comezou a súa andaina no ano 1995 como resposta á demanda social de formar expertos no ámbito do traballo e as súas relacións.

     Así, a primeira titulación impartida foi, a hoxe extinguida Diplomatura en Relacións Laborais. Dende o curso 2009-2010, integrándose no sistema do Espazo Europeo de Educación Superior, implanta o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Curso Ponte e Curso Ponte Semipresencial .

     A pretensión principal do Grao consiste en formar a expertos no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións...) que lles permita exercer de modo axeitado a profesión de Graduado Social,intervenir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións, asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito sociolaboral.

     Se tes interese en estudar unha carreira universitaria con múltiples saídas profesionais, e nun Centro dinámico, activo e próximo, invitámoste a dar un paseo pola nosa páxina web onde encontrarás información máis detallada sobre o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e outras actividades desenvolvidas pola E.U. Relacións Laborais de Lugo.

    Moitas grazas pola túa visita.
    Un saúdo.

    Mercedes Montes Rodríguez
    Directora

 

COLABORADORES