Oferta e Admisión:

 

NÚMERO DE PRAZAS DE NOVO INGRESO:

 

Diplomados en Relacións Laborais: Sen límite

Diplomados Graduados Sociais e Graduados Sociais: Sen límite

 

CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN:

  • 1. Estar en posesión do título de Diplomado en Relacións Laborais.
  • 2. Estar en posesión do título Graduado Social e Diplomado en Graduado Social.

 

NÚMERO MÍNIMO DE CRÉDITOS ECTS DE MATRÍCULA POR ESTUDANTE E PERÍODO LECTIVO:

50% do total de créditos.

 

CALENDARIO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA

Enlace ao calendario de preinscripción e matrícula

 

CRITERIOS DE SUSPENSIÓN DO TÍTULO:

A extinción do título producirase en caso de darse algún dos supostos establecidos no artigo 28 do R.D. 1393/2007 ou por decisión da autoridade con competencia en materia de implantación, modificación ou supresión de títulos (Consello de Goberno da USC, Xunta de Galicia). En canto aos mecanismos previstos para salvagardar os dereitos e compromisos adquiridos cos estudantes, corresponde establecelos ao Consello de Goberno da Universidade. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios a cumprir, que contemplan, entre outros, os seguintes puntos:

  • 1. Non admitir matrículas de novo ingreso na titulación.
  • 2. A supresión gradual da a impartición da docencia.
  • 3. A impartición de accións tutoriais e de orientación específica aos\/as estudantes repetidores/as.
  • 4. O dereito de avaliación ata consumir as convocatorias reguladas polos Estatutos da USC.

 

Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan aos\/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e outro plan.

COLABORADORES