OBXECTIVOS

Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións...), adquira as competencias necesarias para: Exercer a profesión de Graduado Social.

Intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizaciones.Asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito sociolaboral.

 

COMPETENCIAS

Competencias Xerais:

- Capacidade para aprender autonomamente. (Categoría 1 MEXES).
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información. (Categoría 2 MEXES).
- Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos. (Categoría 2 MEXES).
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema. (Categoría 3 MEXES).
- Expoñer e defender, de forma oral e / ou escrita, asuntos ou temas de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade. (Categoría 4 MEXES).
- Traballar individualmente e en equipo. (Categoría 4 MEXES).
- Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos. (Categoría 4 MEXES).


Competencias Específicas:

- Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, dende unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais. (Categoría 1 MEXES).
- Coñecer, discriminar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de Seguridade social vixente como base para poder asesorar e xestionar en materia de emprego, seguridade social e protección social complementaria. (Categoría 2 MEXES).
- Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e socioeconómicos. (Categoría 2 MEXES).
- Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas, públicas e privadas, necesarias para o desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais laborais. (Categoría 2 MEXES).
- Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos. (Categoría 2 MEXES).
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións. (Categoría 2 MEXES).
- Analizar e aplicar as normas laborais e da Seguridade social necesarias para actuar como mediador ou árbitro nos conflitos laborais, tanto individuais coma colectivos, ou para ditar laudos en procesos electorais. (Categoría 3 MEXES).
- Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesaria para apoiar, asesorar e realizar o seguimento de posta enpráctíca de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral. (Categoría 3 MEXES).
- Identificar, analizar e recoñecer as normas xurídicas laborais e de Seguridade social que permitan a colaboración cos órganos da Seguridade Social e da Administración laboral no desenvolvemento das políticas sociolaborais, así como a súa participación nos procedementos de negociación colectiva. (Categoría 3 MEXES).

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

1. Acceso á Administración Pública (grupo superior):
- Técnicos da Seguridade Social.
- Interventores da Seguridade Social.
- Inspectores de Traballo e Seguridade Social.
- Inspectores de Facenda do Estado.
- Inspectores de Policía.
- Ensino Secundario, etc.

2. Acceso á contratación por conta allea, podendo realizar dentro da empresa tarefas como:
- Responsable do Departamento de Prevención de Riscos Laborais.
- Responsable da Xestión e Dirección dos Recursos Humanos.
- Responsable da Xestión do Departamento de Administración (elaboración de contratos, asesoramento laboral, fiscal, contable, en materia de Seguridade Social, etc)

3. Exercicio da Profesión de Graduado Social, previa á colegiación no Colexio Profesional de Graduados Sociais.

4. Auditores sociolaborais para o control e avaliación da xestión de recursos humanos.

5. Axentes de emprego e desenvolvemento local.

6. Axentes de conciliación, técnicos de orientación e intermediación laboral.


7. Formadores e Técnicos para a inserción laboral.



COLABORADORES