NÚMERO DE PRAZAS DE NOVO INGRESO:

             Número de alumnos: 65








PERFIL DE INGRESO:

Non se esixe ningunha formación previa específica para
o ingreso no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, aínda que que, a formación do alumnado máis axeitada será a do perfil de Ciencias Sociais (RD 1467/2007, BOE 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e se fixan as ensinanzas mínimas.
As calidades desexables do futuro estudante do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos son:
· - Interese polos aspectos relacionados con mundo laboral.
· - Comprensión e análise de textos.
· - Boa expresión oral e escrita.
· - Capacidade de síntese e argumentación.
· - Habilidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
· - Disposición para o traballo en equipo.
· - Constancia e responsabilidade no traballo.


CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN:

· 1. Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba a que se refire o artigo 42 da Lei 6/2001 Orgánicade Universidades modificada pola Lei 4/2007, do 12 de abril.
· 2. Estar en posesión dos títulos académicos ou profesionais e probas que se recollen na convocatoria de matrícula que anualmente realiza a USC.
· 3. Os estudantes procedentes de universidades estranxeiras aos que se lles conceda a validación parcial dos estudos que pretenden continuar na USC de acordo cos criterios que determine a USC.
· 4. Non considéranse condicións nin probas de acceso especiais.


CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

Enlace ao calendario de preinscripción e matrícula

 

CRITERIOS DE SUSPENSIÓN DO TÍTULO:

A extinción do título producirase en caso de darse algún dos supostos establecidos no artigo 28 do R.D. 1393/2007 ou por decisión da autoridade con competencia en materia de implantación, modificación ou supresión de títulos (Consello de Goberno dá USC,Xunta de Galicia). En canto aos mecanismos previstos para salvagardar os dereitos e compromisos adquiridos cos estudantes, corresponde establecelos ao Consello de Goberno da Universidade. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios a cumprir, que contemplan, entre outros, os seguintes puntos:
· 1. Non admitir matrículas de novo ingreso na titulación.
· 2. A supresión gradual da impartición da docencia.
· 3. A impartición de accións titoriais e de orientación específica aos/ás estudantes repetidores/ás.
· 4. O dereito de avaliación ata consumir as convocatorias reguladas polos Estatutos da USC.
Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan aos/ás estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e outro plan.

COLABORADORES