27/09/2018

 

O martes 9 de outubro, o Centro ISSGA de Lugo organiza unha xornada sobre "Cumprimento normativo das persoas xurídicas en PRL. Responsabilidade penal."

Para asistir á mesma, é preciso que os alumnos de Relacións Laborais interesados en acudir se inscriban na Secretaría da Escola.

 

A continuación, pódese descargar o programa desta xornada.

 

Descarga
JORNADA_ISSGA.docx
Documento Microsoft Word 800.5 KB

11/09/2018

 

O martes 2 de outubro, celebrarase na nosa Escola unha xornada sobre o Plan Estratéxico e o Plan Director da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020, organizada por MC Mutual, e coa colaboración do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e a Escola Universitaria de Relacións Laborais.

A asistencia é totalmente gratuita, aínda que as prazas son limitadas por orden de inscripción. A mesma poderá facerse a través da páxina web de MC Mutual, na propia secretaría do noso centro, ou contactando con calquera das persoas indicadas no documento adxunto, no que tamén aparecen a presentación da xornada e o seu programa. 

 

Descarga
Xornada MC Mutual 2-10
Programa Lugo 2-10 bilingüe.pdf
Documento Adobe Acrobat 75.9 KB

31/07/2018

 

Do 16 ao 19 de xullo deste ano, celebrouse a segunda edición do Curso de Verán "Dereito en serio e de broma: coas cousas de comer non se xoga."

 

Ademais de contar con interesantes conferencias e ponentes, os participantes desfrutaron de visitas a sitios  emblemáticos da provincia de Lugo, como a Adega Vía Romana, na Ribeira Sacra, a Quesería Don Cristanto, en Vilalba, e os Centros de Cultivos Mariños de Ribadeo, así como as percebeiras de Rinlo.


12/07/2018

 

Durante o día de hoxe, celebrouse na nosa Escola a presentación e defensa dos Traballos de Fin de Grao.

 

Os nosos alumnos trataron temas tan interesantes como o Brexit, os movementos migratorios, as Deputacións Provinciais, a intelixencia artificial, etc.

COLABORADORES